Última fase do programa “Novas Tecnoloxías: dinamización para a igualdade”
A Xunta de Galicia,
dende a Secretaría
Xeral da Igualdade, e a Secretaría Xeral de Emigración, en
colaboración coa Asociación de Centros Homologados, pon en
marcha
a última fase do programa
“Novas Tecnoloxías: dinamización
para a igualdade”.
Coa
intención de dar continuidade ao labor emprendido coas xornadas de
formación en
materia de igualdade de xénero dirixidas á poboación inmigrante de
Galicia,
creamos un espazo de comunicación e
intercambio en Internet.
Constitúese
como un foro de debate no que se
poidan poñer en común experiencias, así como achegar propostas,
transmitir
demandas, e inquietudes, relacionadas coa temática "inmigración e
muller".
A
devandita ferramenta estará aberta á
participación
tanto do persoal ao servizo da Administración e Entidades Públicas,
como as
asociacións, ONG e outros colectivos que traballen neste ámbito.
O programa rematará coa elaboración
dun documento que aglutine as achegas conxuntas realizadas,
que será
presentado á Secretaría Xeral da Igualdade e á Secretaría Xeral de
Emigración,
co fin de que poida ser tido en conta á hora de planificar futuras actuacións.